Jazmín
Abuín

Voz e introducción ao canto

A nosa voz é un dos nosos instrumentos fundamentais para comunicar. Por iso, é fundamental aprender a utilizala correctamente desde o comezo da carreira dun actor ou actriz, tanto para poder crecer profesionalmente como para evitar futuras posibles lesións. Se non coidamos a nosa voz, non estamos a coidar ao noso actor/actriz.
OBXECTIVOS:
– Aprender a utilizar a respiración diafragmática
– Atopar os rexistros que abarca a nosa voz falada
– Aprender a vocalizar e proxectar sen forzar as cordas vocais
– Aprender ferramentas básicas do coidado da voz
COMO?
– Utilizando técnicas de quecemento vocal aplicables tanto á voz falada como á voz cantada
– Exercicios de respiración para aprender a usar correctamente a respiración diafragmática, que é a base para poder utilizar a voz correctamente
– Exercicios de proxección de voz
– Exercicios de dicción

Introdución ao canto

Una das barreiras que máis medo adoita dar derrubar para as actrices e os actores é cantar. Ademais da tendencia quedar con ese «que mal cantas» que un día, alguén, dixo a esa persoa na súa infancia e quedou rexistrada e convertida en falsa crenza, está a vergoña, o medo ao ridículo e as expectativas. Pero cada voz é única e brilla nuns estilos e rexistros concretos.
Por iso, neste curso non só ten cabida a xente que xa canta e quere puír a súa técnica, colocación, respiración e elección de repertorio, senón tamén todas as persoas que queiran dar o paso de atreverse a cantar. Desde cero. Cada un fará o seu proceso individual e eu tentarei guiar a cada persoa para, desde a diversión e a liberdade e nunca desde a esixencia, tentar sacar o máximo brillo e potencial a cada voz.

It is a long established fact that a reader will be distracted by the readable content of a page when looking at its layout. The point of using Lorem Ipsum is that it has a more-or-less normal distribution of letters, as opposed to using ‘Content here

2º luns do mes

de 18 a 21h

Prezo 55 €

Más cursos, talleres y monográficos: