Helena Blanco e Constance Hurlé

Clases de Danza «LINDY HOP NO CINE»

O obradoiro de “Lindy Hop no cine” trátase dun curso regular de unha hora e media á semana onde nos achegaremos a este estilo de baile a través da súa aparición no cinema. O lindy hop forma parte da tradición dos bailes de jazz, sendo un baile moi
rítmico e enerxético que se pode adaptar a todos os niveis, dende o máis sociable e asequible ata o máis espectacular. Aproveitaremos este achegamente a través do cine para
comprender mellor que se trata dunha manifestación cultural de orixe aforamericana que nace nun contexto de loita racial e segregación. Esta segregación a poderemos percibir no
enfoque que Hollywood ofrece do baile e que empregaremos para reflexionar e facernos conscientes, e como resposta, contribuiremos aos valores do Lindy Hop tentando crear un espazo de baile que loite coa desigualdade e que sexa totalmente inclusivo.

Este obradoiro será impartido por Elena Blanco, de Swing On Vigo, proxecto que leva máis dunha década dinamizando a escena swing galega, e Constance Hurlé, axente cultural
fortemente implicada co universo jazzístico e as artes escénicas en Galicia

It is a long established fact that a reader will be distracted by the readable content of a page when looking at its layout. The point of using Lorem Ipsum is that it has a more-or-less normal distribution of letters, as opposed to using ‘Content here

A partir de outobro todos os mércores

De 19.30 a 20.45h

Prezo 40 € ao mes

Más cursos, talleres y monográficos: