Ernesto Is

NARRAR EN IMAXES


— Obradoiro de escrita audiovisual —

O cinema comparte coa literatura ou co teatro a capacidade de inventar e deseñar historias, tramas, conflitos e personaxes, pero é a única arte que pode, ademais, plasmar estes elementos a través de imaxes en movemento. O labor principal dunha ou dun guionista non é outro que tratar de transformar esas imaxes intanxibles que habitan a súa mente nun conxunto de palabras escritas que serán a guía e a base de calquera filme: o guión.

Este obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no cinema e no oficio de contar historias. Desde unha concepción eminentemente práctica, coñeceremos e traballaremos na aula cos elementos necesarios para a elaboración dun guión audiovisual.

O obxectivo principal do curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándoas de recursos dramáticos e orientándoas na creación das súas propias escenas para a gran pantalla.

CONTIDOS

A metodoloxía das aulas combinará breves explicacións teóricas coa lectura e análise de guións e o visionado de fragmentos de filmes. Así tamén, formularanse algúns exercicios prácticos de escrita e composición que permitan afianzar os contidos e potenciar a creatividade e o estilo das participantes.

O CINEMA

• Linguaxe audiovisual: escala de planos, movemento de cámara, composición e montaxe.

• O guionista como cineasta.

• Referentes

ESCRIBIR CINE: AS FERRAMENTAS DO GUIÓN

• A singularidade da escrita audiovisual.

• O formato do guión.

• Tipoloxías estruturais: arquitrama, minitrama e antitrama.

• Elementos compositivos e expresivos: o alfabeto audiovisual.

• Fases no desenvolvemento dun guión.

DESEÑAR HISTORIAS

• O que e o como: punctum.

• Escrita e presentación de escenas.

• Análise e comentarios.

OBXECTIVOS

◼ DEFINIR e TRABALLAR a singularidade da escrita audiovisual.

◼ COÑECER as ferramentas básicas para a escrita de guións.

◼ EXPERIMENTAR coa escrita.

◼ ATOPAR e DEFINIR o que e o como das nosas historias.

◼ ANALIZAR referentes.

◼ CREAR mundos de ficción.

◼ ESCRIBIR escenas en formato audiovisual.

It is a long established fact that a reader will be distracted by the readable content of a page when looking at its layout. The point of using Lorem Ipsum is that it has a more-or-less normal distribution of letters, as opposed to using ‘Content here

Obradoiro de escrita cinematográfica - Masterclass de fin de semana 7 e 8 de outobro
- Clases regulares a partir de novembro todos os mércores

- Masterclass de fin de semana de outobro de 10 a 20h
- Clases regulares a partir de novembro todos os mércores de 19 a 22h

- Prezo masterclass 95€
- Prezo das semanais 65€ ao mes

Más cursos, talleres y monográficos:

¡nos mudamos de web!

AM VIGO ahora es ACT GALICIA
Haz clic en el botón