Melania Cruz
Adestramento de texto
Sempre estamos a reflexionar sobre a necesidade de vivir no presente como
condición indispensable para que unha escena, unha secuencia, teñan vida, esquecéndonos de que non se trata máis que de escoitar, de reaccionar, de ser, de estar. Moi fácil de escribir e non tan fácil de facer, obviamente.
Na vida, cando verbalizamos os nosos pensamentos e intuicións, podemos recoñecelos, empregalos e ser capaces de poñelos en acción. Cando a inicios do século XX as integrantes do movemento naturalista describen o teatro como “un anaco de vida”, precisamente fan referencia a esa necesidade de frescura e naturalidade precisas para vivir unha serie de circunstancias imaxinarias como se fosen reais sobre as táboas, unha naturalidade que as crianzas desenvolven de maneira libre no seu ámbito de ocio, tamén no ámbito da palabra. Trátase, ao fin ao cabo, de algo tan simple e ao tempo tan serio como entregarse á capacidade de xogar. Mais a integración natural do xogo como elemento cotián e inherente ao ser humano na infancia vai, polo xeral, perdendo espazos e tempos de práctica a medida que medramos.
Quizais é unha boa idea tratar de (re) crear e compartir eses espazos de xogo e escoita. Quizais é un bo momento para experimentar e reflexionar arredor das múltiples e ilimitadas posibilidades que nos brinda o corpo da voz. Quizais, as palabras están aí agardando que lles aportemos vida, desexando ser abertas dende o xogo e a imaxinación.
PROGRAMA
• O autocoñecemento como base do oficio actoral
• O xogo e a imaxinación como elementos indispensables na creación
• A conciencia corporal e a liberación da voz
• Os parámetros expresivos da fala
• A escoita activa como motor da fala
• Traducir as palabras en accións
• Revelar o que non está escrito: o subtexto
It is a long established fact that a reader will be distracted by the readable content of a page when looking at its layout. The point of using Lorem Ipsum is that it has a more-or-less normal distribution of letters, as opposed to using ‘Content here