Estudo sobre a pedagoxía Lecoq. Gañaremos plasticidade e investigárenmos de forma profunda os principios do corpo no espazo.
Nesta materia diferenciaremos dous apartados: Interpretación do movemento e Análise do movemento.
Adestramento psicofísico onde traballaremos o estar abertos as sensacións para conseguir “deixarnos ser actuados” conectando co presente a hora de actuar e gañar a capacidade de “limparnos”.
Traballaremos coa cámara dende un primeiro momento, gravaremos escenas e analizaremos o noso traballo e o dos nosos compañeiros, adestrando de forma progresiva as nosas ferramentas actorais e a nosa mirada.
Con esta materia preténdese dar un coñecemento amplo do funcionamento da técnica e a narrativa do cinema e audiovisual, poñendo en relación e contextualizando o traballo de interpretación cos demais departamentos creativos e técnicos da industria.
O principal obxectivo deste adestramento consiste en descubrir e traer á superficialidade física a sensibilidade perceptiva que hai nos actores, antes de que adquiran a codificación dos diferentes estilos interpretativos, para que poidan aumentar así a súa innata capacidade expresiva e compromiso co traballo.
Principios básicos de narrativa audiovisual para entender que é unha boa historia e como se conta dunha maneira atractiva para que consiga emocionar aos espectadores. Traballarase de forma práctica para aprender como crear desde cero un proxecto propio, desde o guión como principio de todo.
Aprende a tomar conciencia do teu propio aparello fonador e todas as súas partes. Unha correcta dicción e acento galego e castelá. Dominar a entoación, a acentuación, o ritmo, a velocidade…
Traballo sobre como afecta o plano, o ritmo e a atmosfera na linguaxe cinematográfica. A partires de aquí achegarémonos a estilos cómicos, dramáticos, preciosistas, naturalistas, etc.
Gravaremos escenas aplicando a linguaxe de cámara e as dinámicas propias dunha rodaxe. Non só prepararemos os nosos textos con maior profundidade, senón que
asumiremos distintos roles a fin de poñernos no lugar do persoal técnico e artístico que compón unha produción. Durante o tercer trimestre centrarémonos na rodaxe das secuencias finais de curso, que gravaremos con cámara e ópticas de cinema, xerando un material de calidade que sirva para o noso videobook actoral.
As ferramentas de análise son un punto de partida esencial á hora de traballar un texto como actrices e actores. Nesta materia aprenderemos a profundizar nas escenas, e a tomar decisións en base á nosa mirada, imaxinación e intuición.
Sesión intensiva onde poderemos medir o final de curso as nosas ferramentas adquiridas, nun curso cunha directora de casting de renome nacional
Book de fotos profesional INCLUÍDO COA DIPLOMATURA
Titoría individualizada dos nosos alumnos por trimestre
Cinema Fórum
Laboratorios gratuítos Bonificación en cursos de fin de semana
Saídas ao teatro e ao cinema
Lecturas recomendadas
Dentro da materia de rodaxe gravaranse escenas con calidade profesional
* Os grupos constarán de 10 alumnos como mínimo e 18 como máximo
Vigo, 1993
Actor e profesor de Interpretación. Licenciado na ESAD de Galicia, Diplomado na Escola Internacional de Mimo e Teatro Gestual Nouveau Colombier e especializado en artes vivas no Laboratorio de Investigación Teatral AVES MIGRATORIAS DE MADRID no Centro Conde Duque dirixido por Sleepwalk Collective, onde participou en catro montaxes profesionais.
No seu paso por Madrid, traballa en ACTORES MADRID como profesor de Expresión corporal para o segundo ano da diplomatura e crea un método propio para adaptar os ensinos de Lecoq a actrices e actores doutras disciplinas. O volver a Vigo, organiza como xefe de estudos a Diplomatura e despois Master da sede AM VIGO, onde refina una nova pedagoxía multidiciplinar enfocada no corpo. Paralelamente traballa de actor en A LEI DE SANTOS de Voz Audiovisual ou UN ASUNTO PRIVADO de Amazón
Entra en contacto co mundo da interpretación da man de Marga Portomeñe e posteriormente, ao tempo que remata Maxisterio por Lingua Estranxeira, cursa cinco anos na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo ata que decide especializarse en Interpretación Textual na ESAD de Galicia e realiza un Posgrao en Pedagoxía Teatral pola Universidade de Vigo.
Continúa formándose con distintos profesionais como Vicente Fuentes, Marianella Morena, Jeremy James, Cristina Domínguez, Nir de Volff, Laila Ripoll, Blandine Callais, Alfredo Sanzol, Verónica Forqué, Gracia Querejeta ou Falk Richter.
Cofundadora da compañía A Quinta do Cuadrante, traballa como actriz en distintas compañías (ilMaquinario Teatro, 611 Teatro, Excéntricas, CDG, Teatro de Adro, Escénate, Ainé) e como pedagoga teatral en diversos colectivos e institucións.
Debuta en audiovisual no filme A Esmorga. Protagoniza DHOGS, Contou Rosalía, Arima, Ons e Malencolía, e participa en Sicixia, Trote e María Solinha. Traballa en series como Urxencia Cero, Serramoura, Fontealba, Viradeira, A Estiba, Operación Marea Negra ou Now and then.
En 2016 recibe o premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista por Xardín Suspenso, en 2018 o Mestre Mateo a Mellor Actriz Protagonista por DHOGS, en 2019 o Mestre Mateo como Mellor Actriz de Reparto por Trote, en 2020 o Premio Cinema Galego do FICBUEU á súa traxectoria profesional e en 2021 o Mestre Mateo a Mellor Actriz Protagonista por Ons.
Diego Aballe
Vigo, 1986
Estudou Dirección de Escena na ESAD de Galicia e un Máster de Dirección de Cinema na ESCAC, ó que accedeu cunha beca extraordinaria da Fundación ESCAC. No seu paso por Barcelona traballou para distintas produtoras, en publicidade, curtas e longametraxes cinematográficas.
En 2020 forma en Vigo a productora Coven Films, xunto ca Directora de Arte Amanda Seijas, onde traballa actualmente.
Canibalismo é a sua primeira curtametraxe, unha adaptación da peza teatral homónima de Marcos Abalde, que entre 2021 e 2022 viaxa por 40 festivais e consegue un Méliès d´Argent á Mellor Curtametraxe Europea de cinema fantástico.
Actualmente adícase á posprodución da súa próxima curtametraxe, que conta co financiamento do AGADIC, ó tempo que traballa en AM como profesor de rodaxe e interpretación e xefe técnico da escola.
Pontevedra, 1992
Estuda Comunicación Audiovisual na Uvigo, un Máster de Dirección de Cinema na ESCAC e Máster en Arte Contemporánteo, Creación e Investigación da Uvigo.
A Estación Violenta é a súa primeira longametraxe. Unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois producida por Matriuska e protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros, Xose Barato e Antonio Durán Morris. Viaxa por varios Festivais Internacionais entre os que destaca o Festival de Cinema Europeo de Sevilla e o BAFICI de Buenos Aires. Ademais, recibiu 8 nomeamentos aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega.
En 2019 estrea a curtametraxe Analóxica, producido por Erika Lust e que se programa en seccións competitivas de BAFICI e Curtocircuíto. Ese mesmo ano inaugura a videoinstalación Sed, resultado das Residencias Artísticas Injuve 2019.
Actualmente atópase desenvolvendo a súa próxima película As Liñas Descontinuas, seleccionada na Incubadora de ECAM e o laboratorio de guión Sources2. Ademais, está en fase de produción da curtametraxe Habitar, co que pretende investigar o concepto de fogar a través do retrato íntimo de persoas transgénero e non binarias de Galicia e que conta con financiamento de AGADIC.
bolsa
TALENTO
O talento é a capacidade ou disposición para o bo desempeño ou exercicio dunha arte. Esta bolsa outórgaselle ao alumno que, segundo a opinión da escola, mellor encaixe nesta descrición.
“Nunca deixes que ninguén che diga que non podes facer algo. Nin sequera eu…»
En busca da felicidade
👉 Cobre o 50% do prezo dun ano académico.
👉 A decisión recae sobre a dirección da escola tras valorar todas as solicitudes.
👉 Os requisitos para optar a esta bolsa son os seguinte:
Encher o formulario de inscrición Mandar un vídeo de presentación falándonos sobre ti e os teus motivos para querer estudar na escola.
Podes contarnos o que queiras, pero lembra, valoramos moito a orixinalidade.
Terás que gravarche un monólogo ou escena de drama e outro de comedia. Queremos verche en acción e poder valorar as túas aptitudes artísticas.
Por último, se cantas, bailas, fas acrobacias ou tes calquera outro talento artístico queremos velo. Ligazón a Youtube, Vimeo, un vídeo de hai un mes ou un ano… Calquera demostración do teu talento válenos. Simplemente non te esquezas de mandalo.
Tes ata o día 1/07/2022 para mandar toda a documentación a secretaria@actoresmadrid.com
O fallo colgarase na web o día 31/07/2022
Para conservar esta bolsa durante os dous anos e a formación esíxese ao alumno certos requisitos:
Un máximo de 3 faltas sen xustificar ao longo do curso.
A entrega de todos os traballos.
Valoración positiva por parte dos profesores en comportamento, participación e traballo en equipo.
Participar polo menos no 50 % das actividades extracurriculares.
* Se non consegues esta bolsa non queremos que che desanimes, o talento é moi subxectivo e as opinións non sempre coinciden.
Se os profesores ou a escola ven que o alumno non cumpre estes requisitos, gárdase o dereito de non volverlla a conceder a ese alumno para o curso seguinte.
* Quedan excluídas desta esixencia aquelas actividades nas que o alumno teña que investir diñeiro. Por exemplo, as saídas ao teatro
Bolsa
ESFUERZO
Esta bolsa quere premiar ao alumno que decide entregarse ao 100% na súa formación. A aquel que encarne mellor o concepto de esforzo.
“Non son as habilidades o que demostra o que somos, son as nosas decisións”
Harry Potter e a cámara dos segredos
👉 Cobre o 50% do prezo total dun ano académico.
👉 Outorgarase a mediados de curso, unha vez que os profesores puidesen coñecer e traballar en profundidade con todos os alumnos.
👉Estes son os aspectos que se terán en conta os profesores á hora de decidir:
A falta total de ausencias inxustificadas.
Entregar todas as tarefas a tempo
Participar nas actividades extracurriculares prestar atención e formar parte de todas as actividades de clase.
Tratar con respecto a compañeiros e profesores.
Saber traballar en equipo.
calquera outro elemento que os profesores consideren importante.
Esta bolsa concédese en primeiro e segundo, pero haberá que gañarlla cada ano. Isto quere dicir que, se gañaches a bolsa en primeiro, non a terás automaticamente en segundo. Repetirase o mesmo proceso e calquera dos teus compañeiros podería gañala esta vez.
O alumno que teña a bolsa ao talento non pode optar a esta bolsa.
Ao concederse a metade de curso o alumno xa pagaría unha gran parte do prezo total. Aquí ábrense dúas posibilidades:
Que ao alumno quede algún pago para chegar a ese 50% e teríao que abonar nos prazos acordados coa escola a principio de curso.
Que o alumno pagase de máis, nese caso devolveráselle a diferenza.
*Quedan excluídas desta esixencia aquelas actividades nas que o alumno teña que investir diñeiro. Por exemplo, as saídas ao teatro.
Bolsa
Sorte
Cobre o 25% do prezo total dun ano académico.
“e que a sorte estea sempre da vosa parte”
Os xogos da fame
👉 Cobre o 25% e está aberta para todas as persoas que acudan á xornada de portas aberta. 👉 Estes son os pasos para seguir.
Ven á xornada de portas abertas.
Enche a solicitude de inscrición nun prazo máximo de 15 días.
Unha vez completados estes dous pasos mandarémosche un número para participar no sorteo da bolsa.
O sorteo celebrarase á vella usanza. Todos os números estarán nunha caixa e unha man inocente escollerá a cegas ao gañador. **
Podes seguir este proceso en vivo, vindo a AMVigo, Rúa de Barcelona, 22, Local interior, 36203 Vigo, Pontevedra
Importante: Se ganas esta bolsa e a metade de curso os profesores deciden que mereces a bolsa do esforzo, faremos o cambio do 25% ao 50%. Neste caso a bolsa da sorte pasaría ao seguinte na lista.
Esta bolsa só concédese para primeiro.
* O día do sorteo sacaranse tres números. No caso de que o premiado rexeite a bolsa, esta concederase ao seguinte número na lista.
»Anualmente máis de 400 actrices e actores tanto noveis como experimentados/ as buscan atopar ou perfeccionar connosco as ferramentas necesarias que necesitan para sacar o mellor de si mesmos/ as»
En AM aválannos 15 anos de experiencia como escola na que xunto aos mellores profesionais en activo conseguimos desenvolver programas de formación que permitan dotar aos actores e actrices das ferramentas necesarias para facer impulsar o seu talento.
Contamos con convenio de exclusividade con moitos dos nosos docentes. A experiencia e a constante adaptabilidade e renovación que supón o medio audiovisual é outro dos puntos que nos fai fortes.
Anualmente máis de 400 actrices e actores tanto noveis como experimentados/ as buscan atopar ou perfeccionar connosco as ferramentas necesarias que necesitan para sacar o mellor de si mesmos/ as.
Contamos con convenio de exclusividad con muchos de nuestros docentes. La veteranía y la constante adaptabilidad y renovación que supone el medio audiovisual es otro de los puntos que nos hace fuertes.
Anualmente más de 400 actrices y actores tanto nóveles cómo experimentados/as buscan encontrar o perfeccionar con nosotros/as las herramientas necesarias que necesitan para sacar lo mejor de sí mismos/as.
Unha semana intensiva de cinema para pequenos e adolescentes en pleno corazón de Vigo, a un minuto do monte do Castro. Organizado por AM Vigo, un centro referente nacional, especializado no ensino e o casting que proporcionará unha formación de calidade aos seus alumnos e aos seus pais, a tranquilidade de contar cun equipo profesional que lles guíe neste semana de descubrimentos.
Axudamos a potenciar o seu talento, para aqueles que queiran acceder ao mundo profesional ou os que só queren adquirir novas aptitudes para a vida e para a súa comunicación emocional. Unha interpretación para menores enfocada como un xogo que se converte en algo que lles fai crecer persoalmente ademais de divertirlles. As técnicas dos nosos especialistas serán a base para que os participantes do campamento teñan o seu primeiro achegamento a linguaxe cinematográfica mentres amplían os súas habilidades de memorización, lectura, escritura, oratoria e expresión corporal. Aprendizaxe en base a proxectos.
Ao longo de toda a semana, recrearemos todos os puntos polos que pasa unha produción audiovisual. Comezaremos aprendendo a crear un guión é un storyboard. Logo ensinaremos as distintas funcións dos diversos departamentos de creación como dirección, dirección de arte e realización. Unha vez todo este listo para gravar, todas/os os alumnos/as ensaiarán as súas escenas e gravaran a secuencia. O último día faremos unha visualización do traballo e o enviaremos aos seus pais para quedar cun bonito recordo do campamento.
Aforo limitado a 20 alumn@s aprox. polas esixencias do curso.
De xullo a setembro
130€ por alumn@ (si repita unha segunda semana, 90€)
Reservas en amvigo@actoresmadrid.com indicando edad y mes de preferencia.