Os Obradoiros Audiovisuais, son clases de dúas horas semanais de iniciación a interpretación. Os contidos son separados en bloques temáticos e o alumnado explora de forma teórico-práctica distintos aspectos da interpretación. A final de cada un dos bloques grávase unha secuencia cunha cámara profesional e entréganse por mail, para que en casa os alumnxs poidan analizar o seu traballo, utilizalo para comezar a crear o seu book ou ensinalo aos seus seres queridos e botarse unhas risas. Este ano temos como novidade que a partir do terceiro trimestre comezaremos ca produción dunha pequena curta, facendo que toda a aprendizaxe se poña en práctica neste proxecto. Os alumnos coa axuda do profesor crearán o guión, os personaxes, os vestiarios, etc. O final do curso, faremos unha estrea a modo de mostra, nun dos cines mais emblemáticos do centro de Vigo. O Obradoiro Audiovisual iniciación impárteo David Alonso, actor e creador escénico con ampla traxectoria na docencia interpretativa. Se ti tamén estás interesado/a en formar parte da nosa canteira de actores e actrices, contacta con nos!