Diplomatura Anual
de formación en interpretación e casting en Cine e TV

¿Quieres ser actriz o actor y no sabes ni por dónde empezar? ¿Te gustaría trabajar rodando películas y series de televisión? La Diplomatura Anual de Interpretación e Casting en Cine e TV es una formación integral en interpretación donde aprenderás todo lo necesario para hacer lo que más te gusta.

 
Do 2 de outubro de2023 ao 21 xuño de2024. 37 semanas.
2días á semana.
4horas ao día.
CLASES MARTES E XOVES de 10:00 a 14:30 + 6 sábados + fines de semana* (6 sábados e domingos)
+ MasterClass de fin de semana (sábado y domingo) con: Alfonso Zarauza, Carlos Sedes, Conchi Iglesias, Marga Rodríguez, Rosa Estévez, Álvaro Gago
+ Actividades extracurriculares:
• Titoría individualizada dos nosos alumnos por trimestre
• Cinema Fórum
• Laboratorios gratuítos e bonificación en cursos de fin de semana que non sexan do master
• Saídas ao teatro e ao cinema
• Lecturas recomendadas
• Dentro da materia de rodaxe gravaranse escenas con calidade profesional
+Rodaxe de escenas con acabado profesional para videobook como práctica de fin de curso.

Prezo: 130€ ao mes (36 cuotas)
Pago único descuento de 300€

FAQ

Preguntas frecuentes

Os másters de titulo propio non requiren de estudos universitarios. O único requisito que precisas é ser maior de idade.

No noso máster contamos de clases regulares entre semana impartidas por directores e actores profesionais, con anos de experiencia no campo da educación. A maiores, para poder ofrecer un achegamento real á industria cinematográfica, contamos tamén con profesionais en activo do mais alto nivel e con axendas moi comprometidas por traballos nacionais e internacionais. Esta pouca dispoñibilidade dos profesores non regulares, dános como única opción ter clases con eles as fins de semana. As datas dos devanditos cursos diranse coa suficiente antelación para que o grupo poida planificar o seu calendario con antelación.

Nas escolas de especialización interpretativa converxen cada ano alumnas que saen de escolas superiores de interpretación, alumnos de escolas municipais ou mozas que comezan os seus estudos no mundo da actuación. No noso caso, todos teñen un denominador común, non coñecen o como actuar fronte a unha cámara e teñen a paixón necesaria para especializarse durante un ano niso. A convivencia entre distintos niveis é frutífera, xa que o experimentado aprende a reformularse e abrir os seus coñecementos a novas técnicas e o iniciado nútrese do compromiso e experiencia do resto dos seus compañeiros.

ASIGNATURAS (martes e xoves)

EXPRESIÓN CORPORAL (1º, 2º e 3º trimestre)

Estudo sobre a pedagoxía Lecoq, un dos grandes mestres da interpretación do S. XX. Gañaremos plasticidade e investigárenmos de forma profunda os principios do corpo no espazo. A pre-expresividade e o conxunto de saberes que un interprete precisa a nivel físico para poder posteriormente enfrontarse aos estilo interpretativos tanto teatrais como cinematográficos. É unha investigación sobre a Acción, a Dinámica, a Parada, O Impulso e o Corpo. Nesta materia diferenciaremos dous apartados: INTERPRETACIÓN DO MOVEMENTO: -XOGO SILENCIOSO DO ACTOR 

-MÁSCARA NEUTRA

 -MIMODINÁMICAS 

-CREACIÓN FÍSICA DOS PERSONAXES 

-INTERPRETACIÓN E A MÚSICA ANÁLISE DE MOVEMENTO: 

-PROGRESIÓN DRAMÁTICA 

-NIVEIS DO ESFORZO 

-20 MOVEMENTOS

 -PARTITURA DE MOVEMENTO

LABORATORIO MICHAEL CHEJOV (2º e 3º trimestre)

Adestramento psicofísico onde traballaremos o estar abertos as sensacións para conseguir “deixarnos ser actuados” conectando co presente a hora de actuar e gañar a capacidade de “limparnos” e eliminar a tensións. A imaxinación é unha das ferramentas mais potentes dos interpretes e aprender a traballar con ela e poder unila a o noso traballo actoral será unha tarefa principal. Este taller emprega exercicios da metodoloxía de LENARD PETIT (Director artítico de The Michael Chekhov Acting Studio-New York), e a posteriori testado por David Alonso en grupos de traballo intensivos durante meses, comprobando a súa utilidade e bos resultados con actores profesionais e novos estudantes de interpretación. 

-O MOVEMENTO INTERNO 

-O CORPO VITAL

 -O MARCO ARTÍTICO 

-AS ATMOSFERAS

 -OS TIPOS DE PERSONAXES 

-A SENSACIÓNS

 -XESTO PSICOLÓXICO


INTERPRETACIÓN AUDIOVISUAL (1º e 2º trimestre)

Actuar para o medio audiovisual require coñecerse a un mesmo en cámara, entendendo o poder da linguaxe cinematográfica e xogando ó seu favor. O coñecemento de distintas técnicas axúdanos a medrar como actrices e actores, a gañar confianza e mellorar a nosa escoita, e a depurar o traballo actoral. Traballaremos coa cámara dende un primeiro momento, gravaremos escenas e analizaremos o noso traballo e o dos nosos compañeiros, entrenando de forma progresiva as nosas ferramentas actorais e a nosa mirada. 

– TÉCNICA DE CÁMARA 

– PERFILES 

– A MIRADA 

– A ESCOITA

 – LIÑAS DE PENSAMENTO 

– DO ESTÍMULO A RESPOSTA

 – CONCENTRACIÓN E ATENCIÓN 

– ATMOSFERA E ENERXÍA 

– O TRABALLO CON ESCENAS

CULTURA AUDIOVISUAL (1º e 2º trimestre)

Esta materia divídese en dous grandes bloques, un de teoría e outro de práctica, a través dos cales se accede a un coñecemento amplo do funcionamento da técnica e a narrativa do cinema e audiovisual. Deste xeito ponse en relación e contextualízase o traballo de interpretación cos demais departamentos creativos e técnicos da industria. A nivel teórico profúndase nas claves da linguaxe audiovisual e cinematográfica e na análise fílmico a través do visionado de secuencias mestras da historia do cinema e do audiovisual contemporáneo. Daranse a coñecer ademais os procesos profesionais de produción e a distribución de roles nos equipos de rodaxe. Nun nivel práctico traballarase na composición de personaxes e análises de textos a través de técnicas de preparación e ensaio de escenas. PROGRAMA 1. Introdución. O cinema como linguaxe e proceso creativo 2. Linguaxe cinematográfica 2.1 Repaso pola historia do cinema 2.2 Elementos esenciais da linguaxe cinematográfica. Tamaños de plano Angulacións de cámara Movementos de Cámara 2.3 A planificación da secuencia Raccord ou continuidade Regulas básicas de planificación 3. O proceso creativo da película 3.1 Equipo de Rodaxe 3.2 Preprodución 3.3 Produción 3.4 Edición e Postproducción 4. Dirección Análise de diferentes tipos de dirección (televisión, cinema clásico, cinema contemporáneo, actualidade e actualidade en Galicia). A través de visionados e análises. 5. O sector audiovisual – contexto en Galicia (Produtoras, Directoras, Festivais) Os contidos da materia serán flexibles e dialogarán entre si, non se impartirán como bloques estancos, senón que cada sesión avanzará un pouco sobre cada punto para tratar. A estrutura de cada sesión estará dividida en tres partes: visionado e comentarios / Teoría / Exercicios prácticos, combinando exercicios de investigación e análise con gravación de escenas na aula.

GUIÓN (1º, 2º e 3º trimestre) 

Principios básicos de narrativa audiovisual para entender que é unha boa historia e como se conta dunha maneira atractiva para que consiga emocionar aos espectadores. Traballarase de forma práctica para aprender como crear desde cero un proxecto propio, desde o guión como principio de todo.

 

 

ANÁLISIS DE TEXTO (1º trimestre)

As ferramentas de análise son un punto de partida esencial á hora de traballar un texto como actrices e actores. Nesta materia aprenderemos a afondar nas escenas, e a tomar decisións en base á nosa mirada, imaxinación e intuición. Situarémonos no punto de vista do noso personaxe e atoparemos os motores, as estratexias e as forzas de arrastre ás que este está exposto, para así acadar o seu obxectivo. Entenderemos a estrutura e o ritmo da escena a través da súa musicalidade e enerxía. Mergullarémonos na corrente subterránea do subtexto, descubrindo as intencións detrás de cada acción-reacción, e aprenderemos a falar con ideas, non con palabras.

 • ADAPTACIÓN ESQUEMA ACTANCIAL SUBTEXTO 

• O QUE TAPAMOS / O QUE ENSINAMOS ESTRUTURA E DIVISIÓN

 •PUNTOS DE XIRO / AVATARES O RITMO E A MÚSICA DA ESCENA •LIMPAR INTELECTUALIZACIÓN

RODAXE (2º e 3º trimestre)

Gravaremos escenas aplicando a linguaxe de cámara e as dinámicas propias dunha rodaxe. Non só prepararemos os nosos textos con maior profundidade, senón que asumiremos distintos roles a fin de poñernos no lugar do persoal técnico e artístico que compón unha produción. Durante o tercer trimestre centrarémonos na rodaxe das secuencias finais de curso, que gravaremos con cámara e ópticas de cinema, xerando un material de calidade que sirva para o noso videobook actoral. 

• LINGUAXE DE CÁMARA ENSAIOS EN PROFUNDIDADE DINÁMICAS DE RODAXE ROLES DE RODAXE 

• MARCAS E RACCORD GRAVACIÓN DE ESCENAS FINAIS

VOZ Y DICCIÓN

Aprende a tomar conciencia do teu propio aparello fonador e todas as súas partes. Unha correcta dicción e acento galego e castelá. Dominar a entonación, a acentuación, o ritmo, a velocidade… A técnica vocal é o conxunto de procedementos que permiten alcanzar o máximo rendemento e beleza da voz, preservando ao mesmo tempo a saúde desta. Unha boa técnica vocal permite utilizar a voz de forma sa, sen que sexa prexudicada pola esixencia que a profesión require. Nesta materia tomaremos conciencia do noso aparello fonador a través da sensibilización auditiva e o adestramento vocal e articulatorio en contacto con todo o corpo. Trátase de que sexas capaz de facerte entender como intérprete e aprendas a manexar o teu instrumento para poder controlar así as túas habilidades vocais e cumprir os teus obxectivos creativos e poñelos ao dispor do teu traballo interpretativo.

ASIGNATURAS FIN DE SEMANA

CASTING

Sesión intensiva onde poderemos medir o final de curso as nosas ferramentas adquiridas, nun curso cunha directora de casting de renome nacional. Traballaranse escenas, preparación e simulacro dun casting, actitude, feedback…

PRÓXIMOS PASOS

1. SOLICITA TU ENTREVISTA PERSONAL

Realizamos una entrevista informal para conocer al futuro alumnado.

En el caso de no poder demostrar formación previa puede realizarse una prueba de acceso.

1. SOLICITA TU ENTREVISTA PERSONAL

Una vez superada la entrevista, las matrículas se gestionan por orden de solicitud, y el plazo de matrícula permanece abierto hasta que se cubren todas las plazas.

Para formalizar tu matrícula debes abonar el importe de la matrícula o en su defecto efectuar el pago único de la diplomatura. 

¡nos mudamos de web!

AM VIGO ahora es ACT GALICIA
Haz clic en el botón

Días
Horas
Minutos
Segundos

cARLOS SEDES INTENSIVO