O curso comeza a semana do 18 de setembro
Luns de 18:00 a 20:00h. 10 – 12 anos Mércores de 17:00 a 19:00h. 13 – 15 anos Xoves 17:00 a 19:00h. 16 – 18 anos
Prezo mensual 55 €
Vigo, 1993
Actor e profesor de Interpretación. Licenciado na ESAD de Galicia, Diplomado na Escola Internacional de Mimo e Teatro Gestual Nouveau Colombier e especializado en artes vivas no Laboratorio de Investigación Teatral AVES MIGRATORIAS DE MADRID no Centro Conde Duque dirixido por Sleepwalk Collective, onde participou en catro montaxes profesionais.
No seu paso por Madrid, traballa en ACTORES MADRID como profesor de Expresión corporal para o segundo ano da diplomatura e crea un método propio para adaptar os ensinos de Lecoq a actrices e actores doutras disciplinas. O volver a Vigo, organiza como xefe de estudos a Diplomatura e despois Master da sede AM VIGO, onde refina una nova pedagoxía multidiciplinar enfocada no corpo. Paralelamente traballa de actor en A LEI DE SANTOS de Voz Audiovisual ou UN ASUNTO PRIVADO de Amazón
www.imdb.com/name/nm4992926/
Diego Aballe
Vigo, 1986
Estudou Dirección de Escena na ESAD de Galicia e un Máster de Dirección de Cinema na ESCAC, ó que accedeu cunha beca extraordinaria da Fundación ESCAC. No seu paso por Barcelona traballou para distintas produtoras, en publicidade, curtas e longametraxes cinematográficas.
En 2020 forma en Vigo a productora Coven Films, xunto ca Directora de Arte Amanda Seijas, onde traballa actualmente.
Canibalismo é a sua primeira curtametraxe, unha adaptación da peza teatral homónima de Marcos Abalde, que entre 2021 e 2022 viaxa por 40 festivais e consegue un Méliès d´Argent á Mellor Curtametraxe Europea de cinema fantástico.
Actualmente adícase á posprodución da súa próxima curtametraxe, que conta co financiamento do AGADIC, ó tempo que traballa en AM como profesor de rodaxe e interpretación e xefe técnico da escola.
Pontevedra, 1992
Estuda Comunicación Audiovisual na Uvigo, un Máster de Dirección de Cinema na ESCAC e Máster en Arte Contemporánteo, Creación e Investigación da Uvigo.
A Estación Violenta é a súa primeira longametraxe. Unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois producida por Matriuska e protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros, Xose Barato e Antonio Durán Morris. Viaxa por varios Festivais Internacionais entre os que destaca o Festival de Cinema Europeo de Sevilla e o BAFICI de Buenos Aires. Ademais, recibiu 8 nomeamentos aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega.
En 2019 estrea a curtametraxe Analóxica, producido por Erika Lust e que se programa en seccións competitivas de BAFICI e Curtocircuíto. Ese mesmo ano inaugura a videoinstalación Sed, resultado das Residencias Artísticas Injuve 2019.
Actualmente atópase desenvolvendo a súa próxima película As Liñas Descontinuas, seleccionada na Incubadora de ECAM e o laboratorio de guión Sources2. Ademais, está en fase de produción da curtametraxe Habitar, co que pretende investigar o concepto de fogar a través do retrato íntimo de persoas transgénero e non binarias de Galicia e que conta con financiamento de AGADIC.
»Anualmente máis de 400 actrices e actores tanto noveis como experimentados/ as buscan atopar ou perfeccionar connosco as ferramentas que necesitan para sacar o mellor de si mesmos/as.»
En ACT MADRID Actores cine & tv, aválannos 15 anos de experiencia como escola na que xunto aos mellores profesionais en activo conseguimos desenvolver programas de formación que permitan dotar aos actores e actrices das ferramentas necesarias para facer impulsar o seu talento.
Contamos con convenio de exclusividade con moitos dos nosos docentes. A experiencia e a constante adaptabilidade e renovación que supón o medio audiovisual é outro dos puntos que nos fai fortes.
Anualmente máis de 400 actrices e actores tanto noveis como experimentados/ as buscan atopar ou perfeccionar connosco as ferramentas que necesitan para sacar o mellor de si mesmos/as.
Contamos con convenio de exclusividad con muchos de nuestros docentes. La veteranía y la constante adaptabilidad y renovación que supone el medio audiovisual es otro de los puntos que nos hace fuertes.
Anualmente más de 400 actrices y actores tanto nóveles cómo experimentados/as buscan encontrar o perfeccionar con nosotros/as las herramientas necesarias que necesitan para sacar lo mejor de sí mismos/as.