Ernesto Is

Andrés Lima

Melania Cruz

Helena Blanco e Constance Hurlé

Amanda Seijas

Curso de Interpretación «La Cualidad»
«LA CUALIDAD» é un adestramento imprescindible que Andrés Lima desenvolveu durante anos, e que marcou un antes e un despois na carreira de moitos profesionais, que descubriron grazas a el unha forma de traballo que vehicula a súa verdade escénica.
Dirixido a actrices e actores profesionais. O traballo do taller desenvolverase partindo do que Andrés Lima chama A CUALIDADE, conxunción do “esencial” que propón o texto e o “persoal” que propoñerá o actor. A través de exercicios e escenas de pezas teatrais.
«LA CUALIDAD» fainos únicos e diferentes porque parte de nós mesmos, da nosa individualidade, do que só nós podemos ofrecer, para poñelo ao servizo do personaxe.
Este taller é unha viaxe de autodescubrimiento, porque non se traballa buscando un resultado, senón un camiño cara a unha proposta única e irrepetible: A túa.
A división do traballo por xornadas será a seguinte:
I. Quecementos e xogos
II. A calidade
III. Interpretación de textos
Para o devandito traballo, os actores participantes no taller deberán escoller dous textos, xa sexan clásicos ou contemporáneos. Un deles será un diálogo no que deberán tomar parte dous dos participantes no taller. O outro texto será un monólogo (co que se traballará en segundo lugar), e cada actor poderá escoller libremente o texto que crea máis interesante.
Os obxectivos do taller son: atopar unha forma de traballo para o actor-actriz que lle faga gañar en confianza cara á súa proposta.
Destruíndo o fatal xugo de “o correcto ou o incorrecto” e abordando a creación desde “a suma” de esforzos co resto do equipo, pero especialmente coa dirección, que neste caso lévanos da man para atoparnos co noso personaxe.
It is a long established fact that a reader will be distracted by the readable content of a page when looking at its layout. The point of using Lorem Ipsum is that it has a more-or-less normal distribution of letters, as opposed to using ‘Content here
2, 3 e 4 de febreiro
Venres de 16:00 a 21:00 e sábado e domingo de 10:00 a 21:00
Prezo total do curso 380 €* Pódese fraccionar o pago en: -Reserva praza 150 € -26 Xaneiro 230 € -Prezo como ointe 125 € *Para asociad@s de AAAG e CREA 340 €